O Rio Natura Monbus Obradoiro despide a tempada con visitas a colexios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Visita a un dos centros

Visita a un dos centros

O Rio Natura Monbus Obradoiro dividiuse en parellas durante estes dous primeiros días da semana, para visitar a un total de doce centros educativos e clubs de baloncesto. Jesús Chagoyen e Maxi Kleber abriron as xornadas ante o C.B. Riveira. Na comarca barbancesa tamén quedaron Pepe Pozas e Adam Waczynski, coñecendo aos pequenos xogadores de Boiro, mentres que Keaton Nakivil e Rafa Luz visitaron aos nenos do C.B. Noia.

En Pontecesures, Haris Giannopoulos e Juanjo Triguero sorprenderon aos nenos e nenas do club local, que aproveitaron para facer preguntas en grao sumo curiosas. Máis preto quedaron Pavel Pumprla e Fran Cárdenas, compartindo tarde cos escolares lasallianos , ou Daniel Miller e Alberto Corbacho, que o fixeron cos xogadores do Instituto Rosalía.

Na segunda xornada, foron Haris Giannopoulos e Fran Cárdenas os que visitaron aos escolares do CEIP Ventín, mentres Juanjo Triguero e Keaton Nankivil fixeron o mesmo cos do Pio XII e Pepe Pozas e Pavel Pumprla cos do CEIP Fontiñas. Alberto Corbacho e Adam Waczynski acudiron ao CEIP López Ferreiro para delicia dos máis pequenos e Jesús Chagoyen e Daniel Miller compartiron fotos e firmas cos nenos do colexio Compañía de María. 

Para pechar o ciclo, os membros da canteira do Rio Natura Monbus Obradoiro recibiron esta tarde no pavillón Lorenzo de La Torre ao capitán Rafa Luz e a Maxi Kleber, que non dubidaron en xogar un 5×5 con eles. 

Así, todo o persoal despediu a campaña e inaugurou a etapa estival, na que os propios nenos poderán ser os protagonistas en actividades como o III Campus Obradoiro CAB – Barbanza, que será presentado proximamente. 

26 de maio de 2015 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.