O PSOE pregunta ao Goberno se a muller asasinadano CHUO tiña orde de protección
As deputadas Laura Seara e Carmen Montón rexistraron dúas baterías de preguntas no Congreso dos Deputados co obxectivo de coñecer se a muller acoitelada supostamente pola súa parella o pasado venres no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), onde estaba ingresada por unha agresión anterior, contaba con orde de afastamento e de protección.
Así, ambas as dúas deputadas rexistraron tres preguntas para a súa resposta oral na Comisión de Igualdade da Cámara Baixa, que tamén presentaron para a súa resposta por escrito dende o Goberno.
Nelas, queren saber se o pasado 8 de maio, cando a muller foi acoitelada no mencionado centro hospitalario, esta tiña orde de afastamento do seu presunto agresor, cando se executou a devandita orde, ao mesmo tempo que se a vítima tiña orde de protección e cando se executou a mesma.
Á súa vez, as deputadas socialistas desexan coñecer se se decretaron medidas de protección mentres a vítima estaba ingresada no complexo hospitalario e, en caso negativo, por que non se detectaron.











