publicidade hoxe

O PSdeG expresa a súa condena á morte da muller supostamente acoitelada en Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+
Europa Press

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, expresou este venres a súa “condena máis contundente” pola morte dunha muller que foi acoitelada, supostamente a mans do seu marido, cando estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

En declaracións aos medios, tras asistir a un almorzo informativo protagonizado por Abel Caballero, o líder dos socialistas de Galicia lamentou “un novo acto de violencia machista”, e insistiu en manifestar a súa “condena máis rotunda e firme”.

“Temos o firme desexo de que asistiramos ao último acto de violencia machista neste país”, afirmou, en relación coa morte desta señora de 66 anos, supostamente atacada con arma branca polo seu marido, que logo se autolesionou.

8 de maio de 2015 | 12:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.