O proxecto ARPAD permite a dixitalización do Arquivo Municipal de Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

O arquivo Municipal de Tui, integrado por 120 libros datados entre os século XVI e XIX serán dixitalizados grazas ao proxecto ARPAD, Arquivo Dixital, Conservación do Patrimonio Documental e Eliminación do Papel nas Relación Administrativas, do que forma parte o Concello de Tui.

A empresa Vinfra S.A. adxudicataria do contrato disporá dun prazo máximo de 5 meses para dixitalizar 45.903 folios deste arquivo municipal cun orzamento de 60 mil euros que serán aportados polo Concello de Tui. Deste xeito o Concello disporá do seu arquivo municipal en formato dixital, organizado nun ficheiro con metadatos descritivos do documento e do fondo.

5 de maio de 2015 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.