O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama inicia a campaña en Nigrán
O Concello de Nigrán informa que o Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama de AECC inicia a súa campaña en Nigrán o día 29 de maio. O programa consiste na realización gratuíta de mamografías a todas as señoras de 50 a 69 anos do municipio, que se realizarán na unidade fixa de exploración da Casa do Mar, en Beiramar 51, 2º (Vigo).
Todas as mulleres desta franxa de idade recibirán nas súas casas unha carta na que se lles informará do día, lugar e hora ao que teñen que acudir. En caso de non recibila, poderán pedir unha cita chamando ao teléfono 981 141 414.











