O prazo de presentación de candidaturas aos III Premios #INLUGO péchase con máis de 50 aspirantes inscritos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

Por terceiro ano consecutivo, a entrega dos Premios INLUGO servirá como broche de ouro ao Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #INLUGO. O obxectivo destes galardóns, postos en marcha pola Deputación de Lugo, é recoñecer aquelas iniciativas, persoas ou organizacións da provincia luguesa que destaquen polo bo uso de Internet e novas tecnoloxías en diferentes ámbitos.

Para esta edición recolléronse máis de 50 candidaturas entre as catro categorías establecidas: Comercio, Lecer e Restauración; Educación e Formación, Cultura e Social e Tecnoloxía. A cantidade de propostas recibidas demostra, un ano máis, o interese que suscitan estes premios entres os distintos sectores da provincia luguesa.

Un xurado formado por membros da Deputación de Lugo valorará todas as candidaturas presentadas e escollerá un gañador para cada unha das catro categorías. A cerimonia de entrega de premios terá lugar o próximo sábado 9 de maio de 2015 desde as 20:00, no marco do III Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #INLUGO. O gañador de cada categoría recibirá, ademais do recoñecemento do público e do xurado, unha figuriña e un iPhone 6 de 128 gb de capacidade

5 de maio de 2015 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.