publicidade hoxe

O prazo de inscrición no programa de actividades de verán en Oleiros conclúe o venres día 8

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O prazo para inscribirse no Programa de actividades de verán conclúe o vindeiro venres día 8 de maio. Nesta ocasión o Concello de Oleiros presenta unha completa oferta de actividades para nenos e mozos do municipio que abarca distintas disciplinas para atender todas as preferencias e gustos. Deste xeito, levaranse a cabo campamentos de verán, actividades de horta infantil, excursións, cursos deportivos ou de índole cultura que farán que os mozos poidan profundar, ademais de en disciplinas como o kaiak de mar ou o surf en robótica, teatro, olería ou o mundo da radio e os medios de comunicación.

As persoas interesadas en participar nesta actividade poderán facelo a través do portal web municipal www.oleiros.org ou de forma presencial na conserxería do complexo cultural A Fábrica de Perillo.

4 de maio de 2015 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.