O Placeres Music marca o arranque das festas patronais de Lourizán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraPontevedra
A-
A+
Presentación de Placeres Music

Presentación de Placeres Music

Marta Ruby & Joana Best, Dumore, Dj Hermix, Traffic House, Khris Guez, Discoteca Móvil Galimovil e Pablo Méndez son as oito actuacións do Placeres Music, que este ano marca o inicio das festas na honra á Virxe dos Praceres, en Lourizán. Varios espectáculos de performances e gogós completan o cartel deste evento, que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

A festa continuará o domingo 24, coa actuación de dúas orquestras; o luns os fogos de artificio anunciarán o inicio do día grande, con pasacalles, unha misa solemne cantada polo coro parroquial, seguida dunha procesión acompañada por unha charanga ó mediodía.

Pola tarde terá lugar un novo acto litúrxico; á noite as orquestras porán a nota musical a unha xornada que finalizará con fogos de artificio.

A fin de festa será o martes, cun día dedicado ós máis pequenos da parroquia.

4 de maio de 2015 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.