O Partido Popular sitúase como primeira forza en Santiago e Compostela Aberta irrompe con cinco edís en terceiro lugar
O Barómetro de Opinión do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) do pasado mes de abril sitúa ao PP como primeira forza en Santiago, con nove ou 10 concelleiros dunha corporación de 25, e prognostica que a coalición que lidera Martiño Noriega, Compostela Aberta, entraría no Pazo de Raxoi con cinco edís, só un ou dous por debaixo dos obtidos polo PSOE.
Con estes datos, os populares perderían nos próximos comicios locais tres ou catro dos representantes municipais que conseguiu en 2011 na capital galega, mentres que os socialistas experimentarían unha baixada de dous ou tres, a pasar de nove a seis ou sete.











