O Partido Popular de Nigrán arrinca a campaña electoral cunha charla en Panxón
Tras o comezo oficial da campaña electoral, coa pegada de carteis desta noite, o PP de Nigrán dará o pistoletazo de saída na carreira á reelección mañá venres, 8 de maio, coa celebración dunha charla na cafetaría Arenal (Paseo Marítimo número 9) ás 20.30 horas.
Esta será a primeira das nove charlas que o grupo popular ten programadas para as dúas próximas semanas nas sete parroquias do municipio. Nelas, o PP de Nigrán presentará aos candidatos de cada unha das sete parroquias, á vez que fará un percorrido pola xestión dos catro últimos anos e exporá as súas propostas de futuro para o municipio.
Baixo o eslógan, “O feito, o noso aval”, o candidato á reelección, Alberto Valverde, aborda esta campaña electoral co firme obxectivo de revalidar a maioría absoluta obtida nas pasadas eleccións, nas que logrou nove do dezasete concelleiros que conforman a corporación municipal.
Chandebrito será a seguinte parada do PP de Nigrán, cunha charla que impartirá este sábado, 9 de maio, ás 12.00 horas na Asociación de Veciños O Castro; seguida de Camos, o luns 11 de maio ás 20.30 horas na Casa da Cultura A Camoesa.











