O Parque dos Duráns amplía as zonas infantís con firme de caucho

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A lista de zonas de xogos infantís dotadas con firme de caucho acaba de ampliarse co parque dos Duráns. Dende hai uns días, os nenos e nenas deste populoso barrio poden xogar xa sobre unha superficie sintética que amortigua as caídas e non produce as típicas molestias de sucidade e po. 

Esta actuación forma parte do plan posto en marcha polo goberno local no actual mandato para is dotando de caucho a toas as zonas de xogos infantís do municipio. O plan foise desenvolvendo de xeito progresivo, tendo xa este tipo de material instalado en parques como A Xunqueira e Miguel hernández, Doña Concha (Vilaxoán), a Alameda de Carril, O Piñeiriño e agora tamén dos Duráns. A idea é continuar actuando ata comp0letar todas as infraestruturas de xogos infantís.

6 de maio de 2015 | 11:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.