O novo ciclo de cine en versión orixinal subtitulada en Ferrol acollerá as grandes obras de Ridley Scott

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, retoma o ciclo de cine en versión orixinal subtitulada en español (VOSE) durante os meses de maio, xuño e xullo. As proxeccións terán lugar os xoves ás 20:30 horas nos Cines Dúplex, situados no barrio de Esteiro, e a entrada será gratuíta.

Os espectadores poderán gozar, durante estes tres meses, coa proxección das grandes obras audiovisuais do director Ridley Scott. A programación prevista para as proxeccións en versión orixinal subtitulada é a seguinte:

Maio

– 07 de maio: “El Reino de los Cielos” (2005)

– 14 de maio: “Tormenta Blanca” (1996)

– 21 de maio: “Robin Hood” (2010)

– 28 de maio: “Black Hawk Derribado”(2001)

Xuño

– 04 de xuño: “Thelma & Louise” (1991)

– 11 de xuño: “Gladiator” (2000)

– 18 de xuño: “ American Gangster” (2007)

– 25 de xuño: “Alien. El octavo pasajero” (1979)

Xullo

– 02 de xullo: “Prometheus” (2012)

4 de maio de 2015 | 12:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.