O musical “A Bola Máxica” que se representará en Vilagarcía ofrece descontos por cada 10 entradas adquiridas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Auditorio Municipal acolle o domingo un sorprendente e deslumbrante musical familiar de produción integramente galega. Trátase de “A Bola Máxica”, un coidado espectáculo que fará as delicias de cativos e maiores a través de cancións, bailes e unha historia fantástica e divertida na que participan os súper heroes e as princesas máis famosas dos contos por todos coñecidos. A produtora puxo en marcha unha campaña de descontos do 10% por cada 10 entradas adquiridas de xeito anticipado a través da billeteira telefónica do 902 504 500.

A Bola Máxica chega a Vilagarcía no marco dunha xira que encheu os auditorios e centros culturais das principais cidades de Galicia, en varias das tiveron que repetir a función. Aínda que dirixido principalmente ao público infantil, A Bola Máxica, é un musical que conta con moi boa acollida por parte do público adulto debido a impresionante posta en escena, ao coidado argumento, ao espectacular vestiario e á interactividade co público.

A calidade desta produción galega é tal, que incluso Unicef colabora no patrocinio do espectáculo debido aos valores positivos que promulga e á súa dimensión educativa.

Argumento

A Bola Máxica trata da orixinal e divertida historia de Tecnecio (TC), un valente guerreiro chegado doutro mundo, e que non se parece nada ao concepto que se soe ter do que é un extraterrestre. TC vive nun planeta chamado Actímidis, onde todo é gris e escuro; onde ninguén sabe divertirse e os nenos están sumidos na tristura. Por isto, o Re de Actimidis envía a ao planeta Terra coa misión de coñecer a causa da alegría e felicidade dos nenos terrícolas. Para esta misión TC contará coa axuda dos Duendes do Ben e cunha guía de excepción: a meiga-fada “A”, a encargada de aprender e gardar toda a ilusión, diversión e fantasía na súa Bola Máxica. Na súa aventura pola Terra, TC irá atopándose cos algúns dos heroes e princesas máis coñecidas dos contos e das fantasías de todos os nenos e nenas do noso Planeta.

As entradas para este espectáculo véndense ao prezo único de 12 euros. Pódense adquirir anticipadamente (con custes de xestión) a través da web www.servinova.com e do teléfono 902 504 500. O desconto do 10% por cada 10 entradas só é aplicable a través da billeteira telefónica. As localidades sobrantes tamén se porán á venta o domingo no Auditorio, a partir das catro da tarde. A función comeza ás seis.

4 de maio de 2015 | 13:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.