publicidade hoxe

O luns comezarán as obras do novo paseo fluvial entre o Bañiño de Arcos e a Piscifactoría

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

As obras para unir a traveso dun camino pavimentado en pedra dous referentes turísticos e termais da vila do Carballiño, Bañiño de Arcos e Piscifactoría, comenzarán este luns, cunha inversión cercana os 50.000 euros. Este proxecto de acondicionamento do entorno do Bañiño de Arcos pretende unha mellora total da zona de actuación, revitalizando un dos atractivos termais do Carballiño, e unindo este cun punto como a piscifactoría, polo de atracción turística e educativa da vila. 

As obras consistirán na pavimentación do camiño que parte do Bañiño, de lousas de granito, seguindo a estética que ofrece agora mesmo esta fonte termal carballiñesa. Así mesmo se procederá a dotar en toda esa zona de mobiliario urban, para ofrecer maior comodidade os visitantes. Neste aspecto colocaranse catro conxuntos de mesas e bancos en pedra granñitica, así como dous bancos más no mesmo material no inicio do camiño, e duas papeleiras de madeira. 

O sendeiro en pedra que se creará terá distintos anchos no seu percorrido, para adaptarse en todo momento as condicións naturais polas que discorre. Así comenza cun ancho de dous metros, pasando a 1 metro na súa parte central, e rematar novamente ca anchura dos dous metros. O tempo que se fan os traballos de pavimentación se procederá a realización dos drenaxes para a recollida de pluviais. 

Con estas actruacións, ademáis de unir eses dous puntos de atractivo turístico y termal do Carballiño, se ofrece tamén unha área de descanso e esparcemento para todos os que acudan a este manantial de augas mineromedicinais, tanto para o seu consumo como simplemente para o seu deleite do entorno natural no que se atopa.

O prazo de execución deste proxecto será de tres meses, contando dende o vindeiro luns

22 de maio de 2015 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.