O luns comezan no CEIP San Bieito de Lérez as presentacións do Trotacontos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Trotacontos é unha actividade organizada polos ENDL dos CEIP de Marcón, Parada-Campañó, San Bieito de Lérez, Campolongo e a EEI de Verducido, que conta coa colaboración da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.

Trátase dunha actividade de promoción do galego na lingua oral e escrita, así como do traballo en grupo e da creatividade, tanto nas aulas como entre distintos centros educativos do concello de Pontevedera.

Os contos, un feito polos alumnos/as de educación infantil e outro de educación primaria, pasan polos diferentes centros e aulas, onde os nenos e nenas completan a historia. Este ano a temática dos Trotacontos baséase na declaración do 2015 como Ano Internacional da Luz pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Daráselle a cada participante un exemplar do conto no acto de presentación que se fará en cada un dos centros. Un “mensaxeiro” reforzará a importancia do traballo en grupo, do uso do galego como lingua de creación literaria, e daralle aos nenos/as cadanseu exemplar.

As presentacións realizaranse segundo o seguinte calendario:

– Luns 18 de maio: ás 9.30 e ás 11 h no CEIP San Bieito- Lérez

– Martes 19 de maio: ás 9.30 e ás 10.20 h no CEIP Parada-Campañó

– Xoves 21 de maio: ás 9.20 h na EEI Concepción Crespo Rivas

– Venres 22 de maio: ás 12 e ás 12.50 h na EEI de Verducido

– Martes 26 de maio: ás 10 e ás 10.50 h no CEIP de Marcón

– Mércores 27 de maio: ás 10.40 e ás 12 h no CEIP Campolongo

15 de maio de 2015 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.