publicidade hoxe

O luns comeza a funcionar o servizo de regulación de aparcamento nas inmediacións das praias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O próximo luns 1 de xuño comeza a funcionar o servizo de regulación de aparcamentos nas frontes marítimas das localidades de Santa Cristina, Santa Cruz e Mera, así como no aparcamento situado nas inmediacións do areal de Bastiagueiro. O obxectivo deste servizo, en funcionamento unicamente durante o período estival, é impedir que os visitantes das praias copen os aparcamentos durante todo o día. Do mesmo modo, con esta medida, instaurada con éxito o pasado verán, preténdese promover a rotación de vehículos nestes lugares co obxectivo e beneficiar aos numerosos negocios de hostalería que existen na fronte marítima destas tres turísticas localidades.

O horario de funcionamento da ORA será de 12.00 a 20.00 horas de luns a domingo ata o próximo 15 de setembro. A tarifa vai desde 0,5 euros que custa aparcar durante unha hora ata os 5 euros polo día completo.

27 de maio de 2015 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.