O Jofre acolle un encontro de editores para analizar o desenvolvemento do mundo editorial galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, informa de que o Teatro Jofre acollerá mañá venres, día 15, un encontro de Editores Coruñeses, que comezará ás 20.30 horas. Esta actividade consistirá na proxeción dun documental e nunha mesa redonda.

O documental leva por título “A edición histórica na Coruña”, e o mesmo da a coñecer a tradición editorial e o desenvolvemento do mundo editorial gallego. De seguido, terá lugar unha mesa redonda coa participación dos seguintes persoeiros das distintas editoriais galegas: Miguel Anxo Fernández Bello (Espiral Maior), Xan Arias-Andreu Rodríguez (Tirfolium), Eduardo Riestra Rodríguez-Losada (Ediciones del Viento); Miguel Tova (Edicións Embora), Manuel Gándara (Hércules Ediciones S.L.) e José Benito Calvo Rego (Biblos Clube de Lectores S.L.).

14 de maio de 2015 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.