publicidade hoxe

O IES Monte Castelo únese ao club laranxa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurela
A-
A+
Colaboración laranxa do IES Monte Castelo

Colaboración laranxa do IES Monte Castelo

O directivo do CD Burela FS Pescados Rubén José Ángel Dovale Gradaílle reuniuse coa secretaria do IES Monte Castelo, Inés García Seijo, para agradecer a colaboración de máis dunha década que o centro de ensino burelés vén prestando ao club laranxa.

O traballo conxunto pola potenciación da práctica deportiva une o centro e a entidade burelista desde o nacemento do club. O IES Monte Castelo participa activamente en numerosas actividades do Burela FS e cede as súas instalacións para elas, ademais de mostrar o seu apoio na elaboración de proxectos, centrados especialmente na formación de base, e publicacións do club.

O IES Monte Castelo (rúa dos Matos, Burela, 982580889) é un referente nos programas de intercambio e formación a nivel europeo. Completa a oferta educativa de ESO e Bacharelato, onde destaca a especialidade de Artes, co ciclo medio de Coidados Auxiliares de Enfermería e os superiores de Actividades Físicas e Deportivas e Saúde Ambiental, ensino de Adultos, cursos de formación online de Aula Mentor, ademais de impartir Inglés e Francés como sección da Escola Oficial de Idiomasde Viveiro.

13 de maio de 2015 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.