O IEM abre prazo de inscrición para un ciclo de catas de viños brancos e tintos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

O ciclo propón unha introdución ó mundo da cata, ademais de xogos sensitivos e temas relacionados con esta a cargo dos técnicos en vitivinicultura Juan Chamorro e Noelia Pérez. As catas serán a cegas, co obxectivo de chegar a diferenciar os viños galegos entre si e tamén cos de fóra. Serán viños tintos e brancos.

A cata centrarase nos procesos de elaboración máis habituais en viños brancos e tintos e, tamén, nos traballos que son esenciais levar a cabo na viña para acadar un produto de calidade e optimizar unha plantación ó máximo.

As datas da cata son: 21 e 28 de maio, e 4 e 11 de xuño. A duración destas será de 1 hora e media aproximadamente.

O número máximo de asistentes será de 15. As catas realizaranse sempre que asista un mínimo de 10 persoas. O prezo por persoa é de 30 euros (25€ socios do IEM) pola totalidade do ciclo.

A lista de integrantes do curso farase por rigorosa orde de inscrición polo cal, debido ás poucas prazas dispoñibles, recomendamos achegar o antes posibles un correo cos datos das/os interesadas/os a oficina@minhor.org. Unha vez recibido o correo enviarase confirmación e datos da conta bancaria para o depósito do pago do curso.

O prazo remata o vindeiro martes 19 de maio.

15 de maio de 2015 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.