O goberno vigués aprobará a vindeira semana as listas defintivas dos beneficiarios das bolsas de inglés

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

O alcalde avanzou esta mañá a previsión de que a próxima semana se aproben definitivamente as listas de beneficiarios das bolsas de inglés. Este mes de setembro serán 459 estudantes os que gozen dunha estadía no estranxeiro para aprender inglés.

A web municipal xa ten colgada a proposta de resolución provisional dos 416 alumnos de 3º da ESO que en setembro deste ano gozarán dunha estadía en Gran Bretaña ou Irlanda para aprender inglés. O próximo venres remata o periodo de reclamacións ou corrección de erros polo que, previsiblemente, as listas defintivas se aprobarán a próxima semana.

Este ano serán 459 os beneficiarios destas axudas, 416 alumnos de 3º da ESO e 43, da Escola Oficial de Idiomas, o que supón un orzamento de 1.032.000 euros. En declaracións aos medios, o rexedor lembrou que se abrirá unha convocatoria extraordinaria para a xeración de estudantes aos que lles correspondera viaxar en 2013 -cando o goberno local se viu obrigado a suprimir o programa-, que viaxarán a finais do curso que vén, cando rematen a proba da selectividade. Caballero rematou afirmando que desde 2008, son preto de 3.000 os estudantes que gozaron dunha estadía no estranxeiro estudando inglés.

27 de maio de 2015 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.