O goberno ferrolá dá luz verde á musealización dos baixos da Costa de Mella como Centro de Interpretación da Cidade Histórica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Xunta de Goberno Local abordou esta mañá o proxecto básico e de execución para o acondicionamento interior e musealización dos baixos de Costa de Mella para a creación do Centro de Interpretación da Cidade Histórica de Ferrol. Esta actuación complementa as obras de recuperación dos Xardíns de Herrera e dos baixos da Costa de Mella que está a levar a cabo nestes momentos a Administración municipal. O acondiconamento interior da Costa de Mella e a súa preparación como museo supón un investimento total de 119.810,24 euros (IVE do 21% incluído) e un prazo de execución de tres meses.

A proposta de actuación presentada polo estudio de arquitectura García Martínez que hoxe tratou a Xunta de Goberno Local conta xa coa aprobación da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia para a súa realización. Así as cousas, a intervención consiste fundamentalmente instalación da climatización, suministro e colocación de luminarias e a súa instalación eléctrica, execución da instalación contra incendios e suministro e colocación de mobiliario, megafonía e outros elementos necesarios para a preparación como espazo de estudio e museo da cidade histórica. O novo museo será un contenedor dun único espazo contínuo e abovedado, e se respectará o muro de carga do antigo convento de San Francisco.

O Goberno Municipal de Ferrol, a través da Concellería de Infraestruturas e Urbanismo que dirixe Guillermo Evia, está a completar nestes momentos a rehabilitación dos xardíns de San Francisco e dos baixos da Costa de Mella, unha actuación moi avanzada e coa que o executivo de Rey Varela recuperará un dos espazos máis emblemáticos de Ferrol e do seu centro histórico. Trátase de mellorar un espazo para a cidadanía situado nun contorno privilexiado e dende o que se contempla a ría, o Arsenal e os estaleiros; e ademais darlle contido cun Centro de Interpretación da Cidade Histórica que permita seguir potenciando o turismo e o patrimonio de Ferrol.

18 de maio de 2015 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.