O goberno de Nigrán inicia a licitación da mellora de tres camiños rurais en Camos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

O goberno en funcións do Concello de Nigrán aproba o expediente de contratación para a mellora de tres camiños rurais en Camos, un trámite co que o goberno municipal dá inicio á licitación das obras de mellora dos camiños Milisozas, Rodeiro e Rial, en Camos. Estas tres actuacións, valoradas en 79.454 euros e enmarcadas dentro do Plan Marco da Xunta de Galicia, financiadas con fondos europeos FEDER e Medio Rural, deberán estar finalizadas antes do próximo 15 de setembro. O alcalde en funcións, Alberto Valverde, subliña que se trata doutra actuación xestionada e realizada polo actual goberno, que permitirá o acondicionamento e mellora de tres camiños da parroquia de Camos en avanzado estado de deterioración. 

28 de maio de 2015 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.