publicidade hoxe

O goberno de Fene conclúe a lexislatura con todos os pagos feitos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O concelleiro de Facenda, Juan José Franco, informou esta mañá da nova negativa de BNG e PSOE a respaldar co seu voto en pleno o pago das facturas pendentes a día de hoxe, por valor de 100.000 euros. Deste xeito, o goberno municipal concluirá o presente mandato sen pagos pendentes a excepción deses 100.000 euros que a oposición se nega a pagar aínda a pesar de que o Concello dispón dos fondos para facelo.

A primeira negativa tiña lugar no pleno celebrado a pasada semana. Os votos do equipo de goberno non eran suficientes para aprobar o expediente de modificación de crédito co que afrontar o pago e, por isto, o concelleiro convocaba unha reunión entre os grupos municipais e os empresarios con facturas pendentes. Esa reunión celebrábase o pasado venres e a resposta de PSOE e BNG volvía a ser negativa.

A maioría das facturas pendentes corresponden a traballos de reparación de camiños e pistas ou de desbroces e xardinería demandados polos veciños, pero que coa falta dun orzamento non se puideron costear con cargo ás partidas correspondentes, xa que estas se tiñan agotado.

Doutra banda, aínda que sen abandoar o aspecto económico, Juan José Franco explicou que o resultado da liquidación do 2014 sitúa en 26 días o periodo medio de pago de facturas no Concello de Fene, rebaixando sustancialmente os prazos respecto a exercicios anteriores e cumplindo os parámetros establecidos pola lei.

12 de maio de 2015 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.