O galego Rubén Fernández gaña a 3ª proba da Copa de España MX125 en Calatayud

Saída MX125. Foto: L.Llurba
O pasado fin de semana, 2 e 3 de maio, celebrouse en Calatayud a terceira proba da Copa de España de Motocross MX125, na que o galego Rubén Fernández, vencedor nas dúas tempadas anteriores, lograba a vitoria nas dúas mangas disputadas. O sábado tras conseguir o mellor tempo nos adestramentos cronometrados, vencía a primeira manga que se disputou nesa mesma xornada. O domingo volvía a dominar na segunda manga. Logrando así vencer en todas as mangas que se levan disputadas na presente tempada na Copa de España de MX125, un total de seis. Resultados cos que incrementa a súa vantaxe na clasificación provisional cando quedan outras tres probas por celebrarse. A próxima terá lugar o 6 de xuño na Bañeza, pero antes participará na proba do Cto. de Europa de Motocross EMX125 que se vai celebrar en Talavera o día 9 de maio.











