O fallo da XI edición do Premio José Couso dáse a coñecer na Coruña o 7 de maio
O anuncio do fallo da XI Edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio de Xornalistas de Galicia, o Club de Prensa de Ferrol e a Obra Social ‘la Caixa’, coñecerase o xoves 7 de maio, na Sede de ‘la Caixa’ na Coruña (Sánchez Bregua, 5, 2º Andar) ás 12.00 horas.
Na rolda de prensa farase pública a identidade de quen gañou e poderáse manter a continuación unha conexión telefónica. Intervirán na rolda:
Marc Arthur Benhamou, Director territorial de ‘la Caixa’ en Galicia
Xosé Manuel Pereiro, decano do Colexio de Xornalistas
Siro López, presidente do Club de Prensa de Ferrol
Darío Janeiro, secretario do Premio José Couso
As cinco candidaturas presentadas este ano foron a xornalistas de TVE Yolanda Álvarez; o fotoxornalista Jesús Blasco de Avellaneda; o semanario francés Charlie Hebdo; o xornalista e presentador Jordi Évole; e a Plataforma na Defensa da Liberdade de Información (PDLI). Os actos de entrega celebraranse o próximo 26 de maio en Ferrol.











