O espectáculo “Meet & Greet Pepa Pig e a súa familia” chega este sábado a Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

O concelleiro de Economía e Facenda do Concello de Ferrol, Alejandro Langtry Caínzos, informou esta mañá das actividades de promoción e dinamización do comercio e a hostalaría que terán lugar esta fin de semana na cidade, e que nesta ocasión concentraránse no barrio histórico da Magdalena. O espectáculo infantil e familiar “Meet & Greet de Peppa Pig y su familia” amenizará o vindeiro sábado 16 de maio a praza da Constitución situada no Cantón de Molíns coas personaxes deste fenómeno televisivo líder de audiencia infantil.

Langtry Caínzos salientou que estas actividades de promoción e dinamización que teñen lugar os fines de semana “convirten a Ferrol nunha cidade atractiva para que as familias teñan como destino de ocio, hostalería, comercio e servizos”. Os máis pequenos poderán coñecer a Peppa Pig, ao seu irmán George e a Papa e Mamá Pig neste espectáculo que destaca polos valores educativos e morais que aportan ao público infantil. “Meet & Greet de Peppa Pig y su familia” está dirixido aos pequenos e as súas familias e se desenvolverán en horario de mañá e tarde. Máis concretamente, a praza da Constitución acollerá o vindeiro sábado a visita destes personaxes de 12:00 a 14:00, e de 17:00 a 21:00 horas.

13 de maio de 2015 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.