O espectáculo “Autorretrato de un joven capitalista español” chega ao Teatro Jofre
A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, retoma o vindeiro sábado, día 9, o ciclo de monólogos coa obra “Autorretrato de un joven capitalista español” de Alberto San Juan. Este espectáculo dará comezo ás 20:30 horas no Teatro Jofre.
Alberto San Juan se presenta en solitario con “Autorretrato de un joven capitalista español”, onde nos amosa a súa visión sempre crítica e con moito humor da actualidade e a historia de España.
Para asistir a este monólogo, os interesados poden adquirir a súa entrada a través da páxina web: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural) ou no propio despacho do teatro municipal.











