O departamento de xardíns vilagarcián decora as rotondas principias de acceso á vila

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Coa chegada da primavera o departamento de xardíns intensifica a actividade de embelecemento de rúas, parques e espazos públicos en xeral. Esta semana, o servizo que dirixe Jesús Longa, empezou coa decoración vexetal das rotondas dos principias accesos á cidade nas que os elementos vexetais e florais combínanse con pedra, area e cortiza para crear orixinais deseños.

As glorietas que lucen xa nova imaxe son as da circunvalación norte, en Carril e a de Pablo Picasso. Arbustos decorativos combinados con coníferas e plantas con folla de cor, combináronse con canto rodado e cáscara de piñeiro na primeira; mentres que na do enlace do porto utilizáronse lotes de loureiros de copa, cunha variedade de arbustos que florecen en diversos colores e montículos de terra.

Os traballos proseguen hoxe na rotonda do nó de Fontecarmoa con vía rápida do Salnés e o Vial portuario. E tamén se traballará nas dúas rotondas do Pousadoiro.

8 de maio de 2015 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.