O condutor dun turismo resulta ferido tras envorcar no túnel dos Castros na Coruña
Os bombeiros da Coruña acudiron este mércores ao túnel dos Castros, na Coruña, debido á presenza dun turismo envorcado e unha persoa no seu interior con dificultades para saír. O 112 informa de que o afectado puido abandonar o vehículo polos seus propios medios, polo que os bombeiros descartaron empregar o equipo de excarceración. Pese ao impacto, o ferido mantívose consciente en todo momento.
Tras unha primeira valoración, os servizos sanitarios trasladaron ao único ocupante do turismo ao complexo hospitalario de referencia. Ás 12,30 horas deste mércores, un particular alertou ao persoal do 112 que, ademais da os bombeiros e urxencias médicas, comunicou os feitos á Policía Local.











