O concello renova a colaboración co Racing de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Sinatura do convenio de colaboración

Sinatura do convenio de colaboración

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, renovou esta mañá o acordo de patrocinio coa SAD Racing de Ferrol por un importe de 95.000 euros. O primeiro edil da cidade salientou a contribución do equipo ferrolán “a promocionar a nosa cidade” durante este acto de sinatura no que estivo acompañado polo presidente do Racing de Ferrol, Isidro Silveira Cameselle.

Jose Manuel Rey Varela destacou a estreita colaboración entre o Concello e o Racing, que persegue obxectivos comúns a prol do fomento do deporte, a vida saudable e de valores como o compañerismo e o traballo en equipo. “Aportades ilusión e empeño para facer feliz a moita xente amosando no campo de xogo o espírito e superación que todos desexamos tamén para a nosa cidade”, engadiu o rexedor municipal. 

Así mesmo, o primeiro edil da cidade manifestou a súa gratitude polo traballo de toda a temporada e a ilusión que neste momento existe entre os afeccionados ao fútbol e ao deporte en xeral porque o Racing vai xogar a fase de ascenso a 2º división. “Apoiar ao Racing é apoiar ao deporte e a Ferrol”, apuntou Jose Manuel Rey Varela. Neste senso, desexoulles sorte no play off de ascenso a 2º división A e lembrou que o primeiro partido da fase se desputará o vindeiro sábado 23 nas instalacións deportivas de A Malata contra o Reus. “Animo a todos os ferroláns a que poñan o seu gran de area apoiando ao equipo da nosa cidade”, dixo o alcalde.

Pola súa banda, o presidente do club departamental, Isidro Silveira, agradeceu “o apoio que sempre lle presta ao Racing o alcalde, coa que mantivemos estes catro anos una relación de colaboración moi estreita”. 

19 de maio de 2015 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.