O Concello do Carballiño coloca unha gaiola para apresar o xabarín que transita polo parque municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+
Gaiola instalada para apresar ao xabarín

Gaiola instalada para apresar ao xabarín

Dende a pasada fin de semana o Departamento de Medio Ambiente do Concello do Carballiño colocou unha gaiola na zona do Parque Municipal, con fin de poder capturar o xabarín que leva varias semanas transitando pola zona, e estragando as zonas verdes do propio parque carballiñés.

Os mandatarios municipais tiveron constancia da existencia deses xabaríns hai tempo, comprobando in situ os efectos que estaba causando no parque. Tiveron que agardar a contar co permiso da Xunta de Galicia para poder actuar, e colocar dita gaiola, por ser ese o sistema mellor para a súa captura, xa que garantiza a seguridade do animal na súa captura.

O lugar para a colocación da gaiola foi escollido tras comprobar os lugares onde atoparon marcas do paso do xabarín, en concreto nunha zona onde as árbores mostraban marcas propias destes animais.

Segundo confirman dende Medio Ambiente, dende que se colocou a gaiola, non se rexistraron máis efectos do xabarín na zona do Parque, polo que é posible que xa non estea pola zona, ou que o notar tanto movemento de persoas polo seu hábitat, cambiara de lugar.

6 de maio de 2015 | 11:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.