O Concello de Vilagarcía prega colaboración para identificar aos autores do roubo dun lote de árbores decorativas
O Concello de Vilagarcía solicita a colaboración dos cidadáns para tratar de identificar e localizar ás persoas que esta fin de semana roubaron un lote de árbores ornamentais que foran plantados nos últimos días en varias rotondas da cidade. Prégase aos veciños e condutores que puideran ter visto operando a estes individuos que faciliten á Policía a información coa que conten para facilitar a identificar dos autores ou os vehículos que utilizaron, a efectos de dar con eles, recuperar as árbores e esixir as responsabilidades civís ou penais que correspondan.
En total foron 9 as árbores roubadas, segundo o informe presentado esta mesma mañá polo responsable do Servizo de Parques e Xardíns na Xefatura da Policía Local que, por orden do Concelleiro de Medio Ambiente, cursará denuncia ante a Policía Nacional a efectos de fagan as investigacións oportunas.
Os operarios de Xardíns comezaron a finais de abril a mellorar a ornamentación das glorietas dos principais accesos á cidade. Xa despois da primeira fin de semana de maio detectaron a desaparición dunha das árbores plantadas os días anteriores da rotonda do Salgueiral e había evidentes probas de que tentaran levarse outro exemplar valorado en 1.200 euros. Esta fin de semana pasada saldouse co roubo de 7 exemplares máis desta mesma glorieta e outro da do enlace entre o vial do Porto e a Vía Rápida do Salnés en Fontecarmoa.
As árbores subtraídas son exemplares de Acer Palmatum valorados en 530 euros.











