O Concello de Vilagarcía acondiciona a contorna do centro sociocultural de Gillán
A contorna do centro sociocultural e do pavillón deportivo de Guillán está sendo obxecto dunha actuación de acondicionamento con fins estéticos e tamén funcionais. O Concello financia os traballos a través do Plan Municipal de Investimentos de 2015 e que foron adxudicados á empresa Moncosa. En breve tamén comezará a ampliación do saneamento á travesía Benigno Santos, en Vilaxoán.
Os traballos que xa comezaron en Guillán pretende evitar o asolagamento que se produce no exterior do centro sociocultural e do pavillón cando chove. Para acabar con este problema instalarase unha rede de drenaxe e logo procederase a asfaltar a zona. Tamén está previsto habilitar beirarrúas de formigón pulido.
Outra das obras que comezará a realizarse en breve é a de mellora da Rúa Benigno sSantos, en Vilaxoán, e a ampliación de servizos na súa travesía. A concelleira de Obras, Ana Granja, mantivo onte un encontro cos veciños residentes na devandita travesía a efectos de explicarlles os detalles dos traballos de instalación da rede de saneamento que vai a levar a cabo Espina e Delfín nos vindeiros días. Ademais desta actuación, está previsto o asfaltado da rúa Benigno Santos.











