O Concello de Vigo colabora no Correlingua 2015 coa participación de 2.000 estudantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu a saída este mércores a unha nova edición do Correlingua, no que arredor de 2.000 alumnos e alumnas de 22 centros educativos percorreron o traxecto entre a Praza do Rei e o parque de Castrelos en defensa do idioma. O goberno local forma parte da organización.

Uns 2.000 estudantes de 22 centros educativos de Vigo e o seu entorno percorreron este mércores o traxecto que une a Praza do Rei co parque de Castrelos, como parte dos actos organizados polo Correlingua 2015, que conta coa colaboración do Concello na súa organización.

Para os nenos e nenas de Infantil, organizáronse distintas actividades no Parque de Castrelos e, xa coa chegada do resto de estudantes, celebrouse un acto final coa actuación de Zurrumalla, un concurso de animación e a lectura do Manifesto do Correlingua 2015 a cargo do CEIP Altamar de Vigo.

20 de maio de 2015 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.