publicidade hoxe

O Concello de Val do Dubra busca oito persoas para o programa Voluntariado Xuvenil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVal do Dubra
A-
A+

O Concello de Val do Dubra busca oito voluntarios para participar no Programa de Voluntariado Xuvenil. Os mozos e mozas interesados teñen que estar empadroados no municipio, ter de 16 a 30 anos e que non teñan participado neste programa en pasadas edicións. As solicitudes débense presentar no Rexistro Xeral do Concello de Val do Dubra ata o próximo día 11 de maio ás 13.00 horas. O sorteo terá lugar ese mesmo días ás 14.00 horas no salón de plenos da sede do Concello. Para máis información: omix@valdodubra.dicoruna.es ou no teléfono 981.889.000.

O Concello de Val do Dubra, a través da orde do 7 de abril de 2015, publicada no DOG o pasado 17 de abril, participa no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil. O periodo subvencionable abranguerá desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2015.
As areas prioritarias, pero non exclusivas, para desenvolver estes programas son as actividades relacionadas coa recuperación da cultura, arte e tradicións populares; actividades con colectivos en situación de risco, xuvenís ou relacionadas coa igualdade de xénero; así como a posta en marcha de programas de voluntariado no ámbito familiar.

Os participantes poden realizar o voluntariado un mínimo de 15 e un máximo de 60 xornadas de voluntariado, distribuídas segundo acorden co Concello de Val do Dubra. As axudas establecidas son de 6 euros por xornada e mozo en concepto de gastos de transporte e manutención e 4 euros por xornada e voluntario para as entidades que desenvolvan o proxecto en concepto de seguros e gastos de xestión.

6 de maio de 2015 | 15:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.