O Concello de Santiago convida á cidadanía a ver a final feminina da Liga de Campións na Cidade da Cultura
Todos os que desexen vivir en directo a final feminina da Uefa Women’s Champions League, que enfronta ao FFC Frankfurt e o Paris Saint-Germain mañá xoves, a partir das 18:00 horas, poderán na sala Eisenman da Cidade da Cultura, onde se instalará unha pantalla xigante. Este evento ten un significado especial este ano, xa que a santiaguesa Verónica Boquete loitará xunto co seu equipo, o FFC Frankfurt, para alzarse co título europeo.
As portas abriranse en torno ás 17:00 horas e a entrada será de balde, para que os veciños e veciñas de Santiago poidan apoiar, dende a distancia, á futbolista compostelá na súa segunda final de Champions.











