O Concello de Pontevedra traballa na demolición do vello colexio de Marcón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra iniciou esta semana o derrubo do vello colexio de Marcón, un compromiso que acadou o concelleiro delegado da parroquia de Marcón, Demetrio Gómez co Consello Parroquial, e conta co respaldo do grupo municipal do Partido Popular, que a través da concelleira Rosa Picallo presentou esta petición en pleno.

Os traballos comezaron coa retirada de materiais perigosos e contamiantes e logo procedeuse á súa demolición. Na xornada de hoxe están a retirar os entullos da obra, para finalmente tratar o terreo recuperado e integralo ao monte da parroquia.

Este edificio, exemplo de feísmo, data dos ano 60 e leva varios anos baldeiro dende que toda actividade escolar se trasladou ao novo centro de ensino.

28 de maio de 2015 | 13:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.