O Concello de Ourense traslada as súas condolencias polo falecemento do Pai Damián
O Concello de Ourense lamenta o falecemento, esta madrugada, de Fray Damián Yáñez, bibliotecario do mosteiro de Oseira. A concelleira de Cultura, Ana Garrido, recoñeceu esta mañá o extraordinario labor do “pai Damián” na rehabilitación e posta en valor do mosteiro de Oseira e o seu papel fundamental en diversos traballos de investigación e recopilación.
“Vaise unha persoa humilde, con múltiples aportacións de índole espiritual e histórica, un gran investigador e escritor que colaborou en dicionarios e enciclopedias, responsable da creación da biblioteca e o archivo do Mosteiro de Oseira, ademáis de promotor de congresos de gran relevancia científica. Un home que deixa un legado incalculable na cultura desta provincia, unha gran perda”. Garrido expresou as súas condolencias e apoio á familia e seres queridos do “pai Damián”.











