O Concello de Ourense remite as alegacións ao proxecto de integración da alta velocidade a Fomento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurense
A-
A+

A Xunta de Goberno Local acordou, na súa xuntanza extraordinaria desta mañá, tomar coñecemento dos informes realizados con respecto ao proxecto da Alta Velocidade remitido polo Ministerio de Fomento no treito comprendido entre entre Taboadela, Seixalbo e Ourense.

O proxecto presentado foi informado polo servizo de Enxeñería Municipal, o servizo de Arqueoloxía, Patrimonio (en relación aos anexos de expropiacións), Patrimonio Cultural e informes xurídicos, unidos ao informe presentado polo equipo redactor do Plan Xeral aprobado inicialmente, e dáselle traslado dos mesmos ao Ministerio de Fomento, a ADIF, para o seu coñecemento e que sexan tidos en conta.

O Concello de Ourense recibiu o mes pasado os proxectos constructivos para a execución das obras da plataforma de Integración Urbana e acondicionamento da Rede Ferroviaria de Ourense no último tramo dende a estación de Ourense a Seixalbo remitidos por ADIF, e como administración con competencias urbanísticas realiza un informe de control sobre o cumprimento do estudo informativo que foi aprobado no ano 2014, xa que o proxecto constuctivo ten que axeitarse ao mesmo do xeito máis axustado ao mesmo.

As liñas xerais dos informes realizados son as seguintes:

– Garantir a solución máis axeitada para a previsión do encontro coa futura vía Ourense- Monforte- Lugo, nas condicións previstas inicialmente no Estudio Informativo á altura de Oira.

– Minimizar o impacto do pórtico de cubrición das vías entre peliquín e a Avenida de Santiago.

– Considerar a solución arquitectónica máis axeitada para a nova ponte sobre o río Miño que se situará nas proximidades da presa de Velle.

– Diminuír o impacto dos cortes topográficos na embocadura dos túneles e particularmente a de novo acceso no núcleo dos Viros á plataforma de seguridade da embocadura do túnel de Montealegre.

Doutra banda, o Ministerio de Fomento tamén deu audiencia ao proxecto do treito anterior comprendido entre Seixalbo e Taboadela para que se fagan as alegacións pertinentes. Neste treito se manteñen os trazados previstos inicialmente, e o Concello solicitou un perfeccionamento do documento centrado na reposición de camiños en Seixalbo (vía da Prata, camiño de Seixalbo ao Cumial e Seixalbo a Zaín) e as consideracións de mellor tratamento dos taludes que provoca a construcción das vías dende o val de Seixalbo ata a saída do termo municipal sobre o río Barbaña.

15 de maio de 2015 | 16:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.