O Concello de Ourense mellorará 12.000 m2 de zonas verdes no paseo do Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Mañá darán comezo as obras de arranxo e reposición de pavimento de xabre que a Concellería de Medio Ambiente levará a cabo no paseo do Miño. Esta actuación, que implica unha mellora da accesibilidade e seguridade aos camiños, incluirá o paseo de de Reza, Beiramiño- Oira e a explanada do Loña.

Así, o paseo de Reza permanecerá pechado ao público dende o xoves 21 de maio e ata o xoves 28 de maio. A actuación no paseo Beiramiño- Oira o manterá pechado dende o venres 29 de maio e ata o mércores 3 de xuño e os días 4 e 5 será a explanada do Loña. 

Agardamos que os veciños e veciñas desculpen as molestias ocasionadas por estas obras de reparación que se farán no prazo de tempo máis breve posible, para evitar afeccións maiores.

19 de maio de 2015 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.