publicidade hoxe

O Concello de Oleiros saca a contratación o proxecto de renovación da rede de abastecemento de auga na zona de Beiramar-Agramar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros saca a contratación a redacción do proxecto para a renovación da rede de abastecemento de augas na zona de Agramar-Beiramar. O Goberno local anunciou a pasada semana que esta obra será unha das que se executarán co superávit de máis de 6 millóns de euros froito da liquidación de euros do orzamento de 2014. Trátase dunha rede con moitos anos de antigüidade que estaba provocando repetidos cortes na subministración nunha zona densamente poboada.

Esta obra non se realizou antes porque se atopaba pendente de executar por parte do Ministerio de Fomento dentro dun proxecto aínda maior que incluía o soterramento da N-VI ao seu paso pola zona de Solymar, pero o inexplicable retraso do Ministerio e a súa falta de vontade por executar esta obra levou ao Concello a asumir a responsabilidade de renovar a rede de augas.

Por outra parte, responsables municipais reuniranse nos próximos días con técnicos da Consellería de Medio Ambiente e Augas de Galicia para deseñar os pormenores do proxecto de ampliación da depuradora de augas residuais situada en Punta Bufadoiro. O executivo local ten a intención de tratar esta obra nos próximos meses para optimizar o rendemento desta infraestrutura.

12 de maio de 2015 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.