O Concello de Nigrán informa do prazo para o programa “Benestar en Balnearios”
A Concellaría de Servizos Sociais de Nigrán informa que a Conselleria de Traballo e Benestar, convoca o programa “ Benestar en Balnearios“. Balnearios seleccionados: Acuña, Arnoia, Augas Santas, Baños de Brea, Baños de Molgás, Caldelas de Tui, Carballiño (Gran Balneario), Carballo, Cuntis, Lobios, Laias, Rio Pambre e Termas Romanas. Nesta modalidade termal, o transporte é por conta dos usuarios.
Prazo para presentar solicitudes termina o 12 de maio. Para máis información dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán, os martes e xoves. Cita previa: 986.365.000, etx 4











