O Concello de Nigrán adxudica a senda peonil entre Praza da Carrasca e o parque empresarial
O Concello de Nigrán informa da adxudicación da senda peonil na Rúa Carrasca, unha actuación valorada en 100.000 euros cun período de execución estimado de tres meses, que conectará a praza da Carrasca co parque empresarial Porto do Molle.
O proxecto, elaborado pola enxeñeira municipal, contempla a habilitación dun itinerario peonil sobre a Rúa dá Carrasca cunha lonxitude de 600 metros, así como a repavimentación da calzada, ampliándose en determinados tramos até o seis metros de ancho, garantindo así en todo o trazado do viario un mínimo de tres metros de ancho por cada sentido de circulación.
A actuación, que ten por obxecto implementar a seguridade viaria desta rúa, tanto para o tráfico rodado como para peóns, mellora tamén os accesos de comunicación a un parque empresarial que conta con máis de 600 traballadores e 70 empresas operativas.











