publicidade hoxe

O Concello de Neda inicia o acondicionamento do parque infantil do paseo marítimo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda iniciou a pasada semana as obras de mellora e reparación do parque infantil ubicado no paseo marítimo, coñecido como o parque Agatha Ruiz de la Prada, quen firmou o deseño da zona de xogos. O alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, explicaba que tanto pola súa ubicación como polo seu intenso uso, nos últimos tempos foi sufrindo un desgaste importante. Así, a pasada semana os operarios retiraron a metade dos xogos e procederon á súa reparación e acondicionamento e, esta semana, están a facer o propio cos restantes. Así mesmo, tamén aportarán area ao chan. Uns traballos que están valorados nuns 4.000 euros.

Non é a única actuación que se está a levar a cabo na zona, xa que a Concellería de Obras tamén procedeu á retirada dos once bancos existentes no paseo marítimo para sustituír a madeira. Traballos executados tamén a pasada semana.

18 de maio de 2015 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.