O Concello de Marín organiza unha andaina que percorrerá a historia local do Neolítico aos romanos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

O próximo día 9 de maio terá lugar a primeira das andainas que a Concellería de Cultura vén de organizar, tralo éxito das andainas que tiveron lugar en decembro pasado. Esta vez  a andaina percorrerá a historia do Neolítico aos romanos, percorrendo dende Marín, pasando por Monte Penizas, visitando o Menhir de Currás, o Castro da Subida e voltando a Marín. Con saída as 10 da mañá e chegada na alameda Rosalía de Castro, tendo de punto de encontro a figura de Rosalia de Castro sita ao lado das escaleiras, se visitaran distintos xacementos arqueóxicos e aproveitarase varios miradoiros na ruta para falar de paixases  históricas e da evolución da paisaxe ao longo dos últimos milenios.

As rutas teñen unha lonxitude similar duns 10 kilometros. Son de dificultade baixa, tan só con algúns tramos de pendente algo máis acentuada, pero coa posibilidade de recuperar nas distintas paradas que se farán. Tanto nos obradoiros como nas visitas guiadas haberá que apuntarse previamente no Museo Torres.

4 de maio de 2015 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.