O Concello de Lugo vai instalar catro columpios especiais nos parques infantís da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Concellería de Urbanismo e Medio Ambiente, que dirixe Luis Álvarez, vai instalar catro cadeiras especiais para que os nenos con problemas de discapacidade poidan disfrutar dos columpios nos parques infantís de Lugo.

Os primeiros columpios adaptados vanse poñer nas zonas de xogos infantís existentes no parque Rosalía de Castro, Praza Roxa (Fingoi), Augas Férreas e Milagrosa (Frigsa).

A Concellería de Urbanismo e Medio Ambiente adica unha partida de 3.905 euros á compra destes asientos especiais.

A instalación destes columpios adaptados comezará en breve, unha vez que foi aprobada a compra hoxe pola Xunta de Compras.

A Xunta de Compras tamén autorizou a realización de diversos arranxos no Fogar do Transeúnte, nos que se van investir 21.513 euros, co obxectivo de mellora a habitabilidade, confort e hixiene destas instalacións municipais.

As obras que se van realizar consisten no pintado de paredes e teitos da cociña, aseos, pasillo, habitacións, almacén, sala de estar e oficina; a renovación de solados do comedor, dormitorios e sala, nos que se instalarán losetas vinílicas; o esmaltado de portas, a reparación dunha fiestra e a instalación de zócalo cerámico na entrada lateral e o comedor.

8 de maio de 2015 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.