O Concello de Ferrol incrementa a colaboración municipal á Sociedade Galega de Historia Natural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
O alcalde de Ferrol na sinatura do convenio

O alcalde de Ferrol na sinatura do convenio

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, renovou esta mañá o convenio de colaboración coa Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) para contribuír ao mantemento e actividades do Museo de Historia Natural e que ademais permitirá a ampliación do horario de apertura destas instalacións aos fins de semana e festivos. O acto de sinatura, que se celebrou na sede da SGHN, contou coa participación do vicepresidente da entidade, Antonio Rodríguez Martínez, e do concelleiro de Medio Ambiente e Servizos do Concello de Ferrol, Borja Carro Muñoz. O departamento municipal que dirixe Carro Muñoz achega 32.000 euros á Sociedade Galega de Historia Natural, o que supón un incremento da achega económica en 7.500 euros con respecto ao acordo de colaboración asinado o exercicio pasado.

Así, o primeiro edil da cidade manifestou a súa satisfacción pola renovación deste convenio colaboración que a Administración local e a entidade ferrolá manteñen dende hai 15 anos. “O feito de que este convenio se veña mantendo todos estes anos cos diferentes gobernos e corporacións municipais ben a dicir que a saúde da Sociedade Galega de Historia Natural é excelente”. Así mesmo, Rey Varela destacou o feito de que “este é o mellor dos 15 convenios anteriores, xa que a pesar de que son tempos complicados decidimos incrementar a contía dentro do noso compromiso con esta entidade e co Museo de Historia Natural”. Ao respecto destas instalacións, o rexedor apuntou que “aportan á cidade unha oferta museística diferente e consolidan a Marca Ferrol como destino de ocio, cultura, turismo e servizos”. E ao fío disto, Rey Varela fixo fincapé na importancia de “seguir promocionando o Museo de Historial Natural coa ampliación dos días de apertura aos fins de semana e os festivos”.

Así mesmo, o alcalde de Ferrol destacou no acto de firma deste acordo que “o convenio con Defensa definitivamente pechado agora despois de quince anos de negociacións co Ministerio garante que as instalacións da Sociedade Galega de Historia Natural pasen a mans do Concello; e dun xeito paralelo, temos encargado un proxecto de mellora deste equipamento para que entre este ano e o seguinte este museo poidar dar un salto cualitativo”. Pola súa banda, o vicepresidente primeiro da SGHN, Antonio Rodríguez Martínez, maniestou que “este é un convenio especial porque recolle un incremento de 7.500 euros na contía da achega municipal o que nos permitirá abrir tamén as fins de semana e os días festivos”. E engadiu que “a apertura do Museo en Semana Santa xa foi un éxito de visitas”.

Ademais da ampliación dos días de apertura do Museo de Historia Natural, o acordo subscrito esta mañá polo alcalde e os responsables da entidade tamén contempla o mantemento do programa de visitas con monitor/a ao Museo de Historia Natural; cubrir os gastos derivados do funcionamento do devandito Museo e dos fondos, así como a incorporación de pezas novas; a mellora das instalacións coa adquisición de novo mobiliario para o correcto almacenaxe e montaxe das pezas museísticas (adquisición de vitrinas, expositores, paneis, etc)”, dixo. Outras das finalidades do convenio son contribuír ao mantemento o servizo de recollida de animais para o seu posterior envío ao Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe de Oleiros

8 de maio de 2015 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.