O Concello de Ferrol impulsa dúas novas accións formativas para desempregados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Emprego do Concello de Ferrol, que dirixe Martina Aneiros Barros, impulsa dúas novas accións formativas para persoas desempregadas do municipio. Estes cursos de “Operacións básicas de almacenaxe” e “Manipulación de cargas con carretillas elevadoras” se desenvolverán no Centro Municipal de Emprego en horario de mañá. A formación en almacenaxe terá unha duración de 260 horas, mentres que o curso de carretillas elevadoras será de 50 horas.

Así as cousas, as persoas interesados en participar nestes obradoiros formativos deberán presentar a súa solicitude até o vindeiro martes, día 12 de maio, no Centro Municipal de Emprego do Concello de Ferrol, situado na rúa Sagrada Familia nº 56. Xunto coa solicitude, que poderán descargar na páxina web: www.ferrol.es/emprego ou recollela no propio centro, deberán entregar a copia da tarxeta de demandante de emprego, o volante de empadroamento e copia do curriculum vitae. No caso de persoas con algun tipo de discapacidade, tamén deberán presentar documentación acreditativa de que poden realizar os traballos que se desenvolverán nestes cursos de almacenaxe e manipulación de cargas con carretillas elevadoras.

8 de maio de 2015 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.