publicidade hoxe

O Concello de Fene executa obras de mellora na rúa Fonte do Campo cun investimento de 59.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O Concello vén de iniciar obras de mellora na rúa Fonte do Campo. Unha intervención, segundo explicou o alcalde, Gumersindo Galego, orzamentada en preto de 59.000 euros que se financia con cargo ao programa DTC 93 que promove a Deputación provincial da Coruña en colaboración cos concellos. As obras permitirán mellorar o vial ata o Camiño do Sartego, en Fene.

Unha actuación que busca mellorar o acceso ás vivendas e fincas colindantes. Para iso, a intervención contempla a ampliación do ancho de calzada dos tres aos catro metros para proceder ao seu aglomerado, previa reparación de baches. Actuaráse nun treito duns 385 metros, nun ramal de acceso duns 30 metros, así como nos entronques cos camiños existentes. Tamén se inclúe a apertura de cunetas para permitir unha axeitada evacuación das pluviais e salvacunetas para a reposición dos accesos ás vivendas. Por último, levaráse a cabo o pintado da sinalización horizontal e a colocación de sinais verticais. O prazo de execución é de tres meses.

21 de maio de 2015 | 12:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.