publicidade hoxe

O Concello de Fene celebra unha nova sesión do Grupo de Apoio a Familias de persoas dependentes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais que dirixe Juana Barro, invita a veciños e veciñas a asistir á xuntanza do Grupo de Apoio a Familias de persoas dependentes que se celebrará mañá martes, 5 de maio, baixo o título “A importancia dos sentimentos coidando”. Unha sesión que dará comezo ás 16,30 horas e se prolongará por espazo de 90 minutos no Centro Municipal de Servizos Sociais (Avda. do Mar, bloque I, baixo, San Valentín). A edil apunta que o Grupo de Apoio a Familias pretende converterse nun espazo para compartir experiencias, sentimentos e dúbidas. Na sesión do martes abordaránse os sentimentos positivos e negativos que nacen da labor do coidado das persoas dependentes e que incluso inflúen na súa labor e na relación coa persoa que coida. Por iso, é importante aprender a identificar esos sentimentos, ubicalos e estar preparados para os posibles efectos no coidador.

En paralelo, no mesmo Centro de Servizos Sociais e á mesma hora, celebraráse unha nova sesión do obradoiro “Recuperación memoria”, pensado para tratar o inicio de patoloxías, diminuíndo ou retrasando a incidencia da demencia e deterioro cognitivo. Por iso, os participantes pasan unha proba previa para valorar o seu estado e así poder adaptar as actividades ás súas necesidades. As accións están encamiñadas a mellorar a memoria, orientación e atención, así como retrasar a incidencia da demencia e deterioro cognitivo. As sesións celébranse todos os martes, de 16,30 a 18 horas, con participación gratuíta previa inscripción no departamento municipal de Servizos Sociais. Nesta liña, Juana Barro subliña que tanto o Grupo de Apoio a Familias como os obradoiros “Recuperación Memoria” inclúense no programa de envellecemento activo Tardes Activas, que organiza o Concello coa colaboración económica da Deputación.

4 de maio de 2015 | 12:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.